Celso Míguez penalizado en SPA

O que parecía que iba a ser un gran fin de semana para o automobilismo galego a nivel internacional, rematou co sabor amargo de non poder conseguir o máximo posible por unha penalización a Celso Míguez cun “drive-through”, por conducción perigosa tentando conseguir a primeira posición da primeira carreira.

Fixo o mellor tempo, nos libres 1, nos libres 2, a pole, e na saída perdeu a primeira posición con Bruno Méndez, o lider do campionato (e piloto de Campos F1, todo sea dito), e logo durante a carreira, tentando recuperar a primeira posición foi penalizado polo que se pode ver no minuto 8 do video da carreira, algo inesperado e que deixou o camiño despexado para que Bruno Mendez gañase a carreira. Celso Miguez remotou sexto, e Jose Luís Abadín octavo, nunha moi boa carreira.

Na segunda carreira, os seis primeiros clasificados na carreira 1, saen co orden inverso. Así que, Celso volvía a sair na primeira posición, realizando unha sensacional saída e primeira volta que poñían claramente en primeira posición, mentras que Abadín se afundía na clasificación. O resto da carreira no seguinte video.

Michael Schumacher é Stig de Top Gear

Durante anos, o piloto de probas do programa ingles Top Gear, permaneceu no anonimato, formando milleiros de rumores sobre a súa identidade, na que teñen soado nomes de pilotos de Formula1.

Pois ben, finalmente parece que a identidade de Stig foi desvelada, e non é outro que o 7 veces campión do mundo de Formula1, Michael Schumacher, ¿será verdade?. Bueno polo menos temos unha interesante entrevista sobre F1 actual e pasada.


TOP GEAR SUBTITULADO Entrevista con Stig

Stig probando o Ferrari FXX

Carreiras en directo do European F3 na TVG

Por fin, a TVG volve a retransmitir o European F3 Open, e comezan este fin de semana coa retransmisión en directo das duas carreiras da proba que se vai celebrar no circuito belga de SPA-Francorchamps.

O circuíto dos rebufos para os F3, poderemos ver multitude de adiantamentos ao final das súas longas rectas, e vibrar coa actuación dos 2 galegos presentes, Celso Míguez e Jose Luís Abadín.

Temos a Celso Míguez loitando polo campionato con Bruno Méndez, mentras que con Jose Luís Abadín temos unha loita por conseguir cartos para facer todas as carreiras posibles. Para isto, tomou unha curiosa iniciativa, que é subastar a públicidade no seu casco para as seguintes carreiras.

O venres disputaranse duas sesións de adestramentos libres, ás 10:45 e ás 13:00. O sábado disputarase a partir das 10:30 a sesión de calificación para posteriormente a partir das 14:00 facer a primeira carreira cun total de 12 voltas. A segunda carreira terá lugar o domingo ás 12:30.

As duas carreiras serán retransmitidas en directo pola TVG na segunda canle do TDT.

Pesos de saída do GP de Inglaterra

Publicados os pesos dos monoplazas, con combustible incluído, que sairán mañan no GP de Inglaterra:

1. Sebastian Vettel RedBull 665.5 kg
2. Rubens Barrichello BrawnGP 657.5 kg
3. Mark Webber RedBull 659.5 kg
4. Jarno Trulli Toyota 658.0 kg
5. Kazuki Nakajima Williams 652.5 kg
6. Jenson Button BrawnGP 657.5 kg
7. Nico Rosgberg Williams 661.5 kg
8. Timo Glock Toyota 660.0 kg
9. Kimi Raikkonen Ferrari 654.0 kg
10. Fernando Alonso Renault 654.0 kg
11. Felipe Massa Ferrari 675.0 kg*
12. Robert Kubica BMW-Sauber 689.5 kg*
13. Heikki Kovalainen McLaren 695.5 kg*
14. Nelson Piquet Renault 682.5 kg*
15. Nick Heidfeld BMW-Sauber 665.5 kg*
16. Giancarlo Fisichella ForceIndia 668.5 kg*
17. Sebastien Bourdais ToroRosso 687.5 kg*
18. Adrian Sutil ForceIndia 692.0 kg*
19. Lewis Hamilton McLaren 666.0 kg*
20. Sebastien Buemi ToroRosso 672.5 kg*

* Posicións e peso declarado para tomar a saída (non de calificación).

Gran Premio de Inglaterra de Formula1

Gran Premio de Inglaterra 2009
21 de Xunio
Silverstone, Inglaterra

PROGRAMACIÓN TELEVISIÓN
VENRES
01:00 Libres 1 - LaSexta por Internet
15:00 Libres 2 - LaSexta por Internet

SÁBADO
11:00 Libres 3 - LaSexta é por Internet
14:00 Clasificación - LaSexta é por Internet

DOMINGO
10:15 GP2 2ª Carreira - LaSexta
12:30 Previo Carreira - LaSexta
14:00 Carreira - LaSexta é por Internet

Predición Meteorolóxica para o Gran Premio de Inglaterra

Neumáticos seleccionados por Brigestone para a carreira:

09tyre02

O European F3 Open na TVG 2

Todo apunta a que este ano, os galegos poden dar moito que falar no European F3 Open, un dos campionatos máis importantes de Formula3 do mundo.

Celso Míguez e Jose Luís Abadín, son os galegos que intentarán loitar, o primeiro polo campionato absoluto e o segundo pola copa de españa dentro do mesmo certame.

Xa van 2 carreiras do campionato, en Valencia e no Jarama, con excelentes resultados para Celso Míguez, que se postulou como serio aspirante ao título. A partir da seguinte proba, no circuito belga de SPA, a organización ofrecerá as carreiras completas, e todo parece apuntar a que TVG outro ano máis retransmitirá os eventos en directo na súa segunda canle.

Jose Luís Abadín, fai o seu segundo intento neste campionato, apretado por graves problemas económicos para manter a participación ao longo de todas as probas. De feito, á primera proba non pudo asistir, e aínda non ten o respaldo económico suficiente para participar en todas a probas que restan.

Onte, o programa “Gas a Fondo” da Radio Galega, fíxolle unha completa entrevista a ámbolos dous pilotos onde tamén se comentou a posibilidade de que a TVG comece a retransmitir o campionato.

Posiblemente, sexa a representación galega, que está máis arriba no automobilismo mundial… aínda que por desgraza, son moito menos coñecidos para a afección galega que calquera  nun coche con freno de man facendo o galego de rallys.

Desde esta web, todas as nosas felicitacións e apoios, que ben os merecen e necesitan.

Audio: Programa “Gas a Fondo” do 7 de Xunio de 2009
Video: Resumen das carreiras do Jarama en Popular TV

Un Jenson Button de record

Despois da sexta victoria nas sete primeiras carreiras disputadas de Formula1, parece que vai cobrando sentido, facer un repaso dos records que hay nunha temporada de Formula1.

Máis victorias dun piloto nunha tempada: M. Schumacher (2004) - 13

Porcentaxe máis alto de victorias dun piloto nunha tempada: A. Ascari (1952) - 75%

Máis victorias dunha escudería nunha tempada: McLaren (1998) - 15 de 16 (94%)

Máis carreiras consecutivas gañadas por un piloto nunha tempada: M. Schumacher (2004) - 7

Máis victorias consecutivas dun piloto desde o inicio dunha tempada: N. Mansell (1992) e M. Schumacher (2004) - 5

Máis carreiras consecutivas gañadas por unha escudería nunha tempada: McLaren (1998) - 11

Máis pole positions consecutivas dun piloto nunha tempada: A. Prost (1993) - 7

Máis pole positions dun piloto nunha tempada: N. Mansell (1992) - 14

Maior porcentaxe de pole positions nunha tempada: N. Mansel (1992) - 88%

Máis pole positions dunha escudería nunha tempada: McLaren (1998) - 15 de 16 (94%)

Máis voltas rápidas dun piloto nunha tempada: M. Schumacher (2004) e K. Raikonen (2008 e 2005) - 10

Maior porcentaxe de voltas rápidas dun piloto nunha tempada: A. Ascari (1952) - 75%

Máis voltas rápidas consecutivas dun piloto nunha tempada: K. Raikonen (2008) - 6

Máis podiums dun piloto nunha tempada: M. Schumacher (2002) - 17 (100%)

Máis puntos dun piloto nunha tempada: M. Schumacher (2002) - 148

Máis puntos dunha escudería nunha tempada: Ferrari (2004) - 262

Existen moitos máis records, que se poden consultar na wikipedia, pero como se pode ver, aínda que a tempada de Jenson Button co BrawnGP xa empeza a ser calificada de “sen interese” para os pilotos, ou de que “no BrawnGP gaña calquera”, deberíase mirar o dificil que lle está resultando a Barrichello gañar, e o fácil que lle puxo Ross Brawn a victoria tamén a outros pilotos en outras escuderías como a M. Schumacher nos seus anos de Benetton, e logo durante 5 anos dos 10 que estuvo en Ferrari.

Pesos de saída do GP de Turquía

Publicados os pesos dos monoplazas, con combustible incluído, que sairán mañan no GP de Turquía:

1. Sebastian Vettel Red Bull 649.5 kg
2. Jenson Button Brawn GP 655.5 kg
3. Rubens Barrichello Brawn GP 652.5 kg
4. Mark Webber Red Bull 656.0 kg
5. Jarno Trulli Toyota 652.0 kg
6. Kimi Raikkonen Ferrari 658.0 kg
7. Felipe Massa Ferrari 654.0 kg
8. Fernando Alonso Renault 644.5 kg
9. Nico Rosberg Williams 660.0 kg
10. Robert Kubica BMW Sauber 664.0 kg
11. Nick Heidfeld BMW Sauber 681.5 kg*
12. Kazuki Nakajima Williams 680.4 kg*
13. Timo Glock Toyota 689.0 kg*
14. Heikki Kovalainen McLaren 665.0 kg*
15. Adrian Sutil Force India 668.5 kg*
16. Lewis Hamilton McLaren 696.5 kg*
17. Nelson Piquet Renault 689.6 kg*
18. Sebastien Buemi Toro Rosso 686.5 kg*
19. Giancarlo Fisichella Force India 688.5 kg*
20. Sebastien Bourdais Toro Rosso 701.0 kg*

* Posicións e peso declarado para tomar a saída (non de calificación).

Sergio Vallejo e Alvaro Muñiz excluídos do Rallye Rias Baixas

Non tuvo un final tranquilo o Rally Rias Baixas de este ano, e o seu vencedor final, o equipo formado por Sergio e Diego Vallejo a bordo dun Porche GT3, quedou en suspenso por unha suposta acción antiregulamentaria no tramo de enlace entre o último tramo e a meta final do rallye.

Como se pode ver no video, o Mitsubishi Evo X de Albaro Muñiz e César Blanco, empuxa ao Porche GT3 averiado dos irmáns Vallejo, para que consigan chegar ao final do rallye.

Despois de moitísimo debate entre a afección, sobre como, cando e canto deberían ser sancionados, ao final a Federación Española de Automobilismo dictaminou como sanción a exclusión dos dous participantes do rallye, que polo que parece aínda van presentar apelación.

O equipo Nupel Team dos irmáns Vallejo, recibeu todo este problema moi mal, e actualmente aparecen rumores de que se van retirar do campionato, e tamén retirarán todo o patrocinio que poidese estar relacionado co mesmo: o rally de ourense, o mitsubishi de xevi pons ou a beca do volante xoven entre outros.

Enlace ao comunicado da RFEDA, coas 2 decisións do comisarios e clasificación final provisional.

Gran Premio de Turquía de Formula1

Gran Premio de Turquía 2009
07 de Xunio
La Coruña
Estambul, Turquía

PROGRAMACIÓN TELEVISIÓN
VENRES
09:00 Libres 1 - LaSexta por Internet
14300 Libres 2 - LaSexta por Internet

SÁBADO
10:00 Libres 3 - LaSexta é por Internet
13:00 Clasificación - LaSexta é por Internet
15:55 Carreira 2 GP2 - LaSexta

DOMINGO
12:30 Previo Carreira - LaSexta
14:00 Carreira - LaSexta é por Internet

Predición Meteorolóxica para o Gran Premio de Turquía

Ler máis…