Presentación

Benvido!!

Este é o centro de unión entre aficionados aos deportes de motor. O obxectivo é compartir información entre nos e para o mundo sobre a ampla variedade de especialidades que conforman o conxunto dos deportes de motor. Karts, monoplazas, coches, motos… son parte dos nosos pasatempos, como espectadores, participantes ou organizadores de probas.

Como podes comprobar, si tes algo que contar ou informar aos aficionados que compartimos estes deportes, esta web funciona como un blog, que permite aos colaboradores publicar a súa información. So tes que solicitalo, e poderás comenzar a publicar.

Os que arrancamos esta iniciativa, non prentendemos que todo se termine nun simple contacto cibernético. Se non todo o contrario, chegar a coñecer xente e compartir afición con ela. Organizarnos actividades, como quedadas en probas de automobilismo ou motociclismo, campeonatos de karting de aluguer, rutas en moto, concertar locais para ver retransmisións deportivas e todo o que poidan propoñer os integrantes do colectivo.

Oxalá, a nosa pasión por este mundo, nos permita chegar a formar unha asociación deportiva, que ademáis de proporcionarnos amigos e diversión, nos permita ter voz e exercer de algún xeito a nosa opinión diante das federacións e organizadores de eventos, para que colaborando todos xuntos, consigamos mellorar e aumentar a calidade e cantidade da práctica de estes deportes. Regulamentos, horarios, prezos, fomento e promoción dos deportes do motor. Creemos, que o xeito ideal, é que todo o mundo conte, desde o que leva toda a vida gastando tempo en cartos no motor, ata o que acaba de descubrir este apaixoante mundo o fin de semana pasado.

Si encontras motivación por esta iniciativa, queres publicar na web, propoñer algo, colaborar de algún xeito… non dubides en pinchar aquí para enviar o teu nome, email e si queres unha mensaxe contándonos as túas ideas. Prometemos responderche e contar contigo como un máis dentro do grupo.