Sebastien Loeb fará uns test con Red Bull F1
O pentacampión do mundo de rallyes, Sebastien Loeb, fará uns test co equipo de Formula 1, Red Bull Racing, a finais de este mes no circuito de Montmeló.
O piloto de rallyes xa probou un F1 de Renault nunha exhibición no circuito de Paul Ricard o ano pasado. Pero agora, o test será real e dentro do programa de test para preparar o coche da tempada 2009. Un regalo que a marca Red Bull quere facerlle por gañar o seu quinto mundial de rallyes.
De tódolos xeitos, o piloto quixo deixar claro que “non se faga ningúnha especulación sobre que cambie a súa actividade profesional á Formula 1, correrá cun Citroen C4 WRC o campionato de mundo de rallyes”, e recalcou “o próximo ano”.
Sen Comentarios
Aínda non hai comentarios.
Deixa un comentario






